Colección Arealonga
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Arealonga é unha colección de obras clásicas e contemporáneas da literatura galega enfocada a todos os públicos e dirixida pola Ediciones Akal, constituíndo así unha das corenta coleccións que a forman. Naceu en 1973 e trátase dun referente na edición de literatura galega, con obras de autores como Castelao, Cabanillas ou Rosalía de Castro. A colección segue a liña de compromiso social marcada pola editorial Akal. A colección, así como Arealonguiña, foi dirixida desde o seu inicio por Xesús Alonso Montero, ambas amosan a ideoloxía progresista deste e céntranse nos problemas galegos.
Colección Arealonga | |
---|---|
Tipo | colección literaria |
Data de fundación | 1973 |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Desde a súa creación na década dos 70 até os 90, Arealonga ten publicado máis de 60 títulos en galego, formando así un completo catálogo tanto de prosa como de poesía.
Relación con Akal
editarNo ano 1972 Ramón Akal creou a súa editorial, Ediciones Akal, á que se lle sumou para o negocio o selo Foca e lle foi incorporada tamén a Editorial Século XXI tras a súa compra en 2010. Arealonga, como a editorial a que pertence, inclúe algúns títulos polémicos; a orientación política da editora causou ao seu director, Ramón Akal, numerosos problemas coa xustiza española no final do franquismo.[Cómpre referencia]
Cabe recordar que nesta época, a década dos 70, a ditadura franquista estaba a chegar ao seu fin, e é cando Ramón Akal resulta sinalado como un dos inimigos desta por algunhas das súas publicacións que reflectían ideas contrarias ao réxime.[Cómpre referencia] O ditador Francisco Franco limitaba a difusión de linguas e culturas como a galega, catalá e éuscaro,[Cómpre referencia] algo que fixo que algúns escritores se visen obrigados a modificar a súa expresión e moderar algunhas das súas opinións. A lingua oficial exclusiva e a única válida na escritura era o castelán,[Cómpre referencia] polo que cando xurdía algunha figura posicionándose en contra deste feito, reivindicando protagonismo para a lingua galega, se levaban a cabo persecucións e sabotaxes para evitar a súa propagación.[Cómpre referencia] Coa morte do xeneral Franco o 20 de novembro de 1975, finaliza a ditadura e iníciase un período coñecido como Transición Española, que ten lugar entre 1975 e 1978, durante o cal ten lugar o proceso de recuperación do galego e a súa cultura.[Cómpre referencia]
Autores
editarA colección Arealonga ten publicados libros dos autores galegos máis destacados como Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas, Xosé Neira Vilas, Vicente Risco, ou Antón Tovar, entre outros.
Obras
editarNa colección inclúense obras de distintos xéneros e estilos, mais sempre seguindo a liña de compromiso. Algunhas das obras da Colección Arealonga son as seguintes:
ISBN | Título | Autor | # |
---|---|---|---|
8473390121 | Informe -dramático- sobre la lengua gallega | Xesús Alonso Montero | 1 |
8473390229 | Viaje por las escuela de Galicia | Luis Belló | 2 |
8473390199 | Os novísimos da poesía galega | María Victoria Moreno | 3 |
8473390202 | Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia y el famoso libro de San Cipriano | Bernardo Barreiro | 4 |
8476004710 | Obra gallega completa | Rosalía de Castro | 5 |
8473390245 | Crónicas, I: agitadores, poetas, caciques bandoleros y reformadores en Galicia | José Antonio Durán | 6 |
8473390253 | Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas y otras áreas conflictivas: Cataluña, Puerto Rico… | Xesús Alonso Montero | 7 |
8473390261 | Política y sociedad en Galicia | Manuel Murguía | 8 |
8473390539 | Páxinas escollidas | Alfonso Daniel Rodríguez Castelao | 9 |
8473390695 | Poesía gallega completa | Antón Tovar | 10 |
8473390814 | Obra completa, I | Celso Emilio Ferreiro | 11 |
8476002122 | Obra completa I: Narrativa e teatro | Alfonso Daniel Rodríguez Castelao | 12 |
8473391179 | Obra completa, II | Celso Emilio Ferreiro | 13 |
8473391357 | Los partidos políticos y la autonomía en Galicia (1931-1936) | Alfonso Alfonso Bozzo | 14 |
8473399539 | Castelao en "El Sol" | José Antonio Durán | 15 |
8473391608 | Escolma posible | Galeuzca | 16 |
8473391705 | Da terra asoballada | Ramón Cabanillas | 17 |
847339156X | Obra completa II: Sempre en Galiza | Alfonso Daniel Rodríguez Castelao | 18 |
8473392132 | Ensaio encol do problema nacional galego | Santiago Álvarez | 19 |
8476002599 | Aqueles anos do Moncho | Xosé Neira Vilas | 20 |
8473392264 | Aproximación sociológica al carlismo gallego. La primera guerra carlista en la provincia de Lugo | M. F. Castroviejo Bolivar | 21 |
8473392515 | Crónicas, 2: Entre el anarquismo agrario y el libre pensamiento | José Antonio Durán | 22 |
8473392434 | Industrialización y conflictos sociales en la Galicia el antiguo Régimen 1750-1830 | Luis Alonso Álvarez | 23 |
8473392760 | Plataforma pola industrialización de Galicia, unha alternativa democrática para economía galega | Comisión Estudios Galegos | 24 |
8473392639 | La rebelión irmandiña | Isabel Beceiro | 25 |
8473392736 | Lingua, literatura e sociedade en Galicia (25 anos de filoloxía galega:1951-1976) | Xesús Alonso Montero | 26 |
8473392752 | Abriendo el surco. Manual de lucha campesina | Basilio Álvarez | 27 |
8473393228 | La Iglesia en la Galicia contemporánea | Francisco Carballo / Alfonso Magariños | 28 |
8476002572 | O ciclo do neno | Xosé Neira Vilas | 29 |
8473393783 | Come e bebe que o barco é do amo | Alfredo Conde | 30 |
8473394356 | Obra completa I | Ramón Cabanillas | 31 |
8473393448 | Obra completa II | Ramón Cabanillas | 32 |
8473394291 | Historia de Galiza I | Ramón Otero Pedrayo | 33 |
8473394283 | Historia de Galiza II | Ramón Otero Pedrayo | 34 |
8473394755 | Historia de Galiza III | Ramón Otero Pedrayo | 35 |
8473394461 | Cancionero popular gallego I | José Pérez Ballesteros | 36 |
847339447X | Cancionero popular gallego II | José Pérez Ballesteros | 37 |
8473394488 | Cancionero popular gallego III | José Pérez Ballesteros | 38 |
8473394976 | Obra Completa III | Ramón Cabanillas | 39 |
8473395336 | Obra completa, III | Celso Emilio Ferreiro | 40 |
8473394739 | Obra completa, 2 | Rosalía de Castro | 43 |
847339528X | Obra completa, 3 | Rosalía de Castro | 44 |
8473394860 | El conflicto en el sector marisquero de Galicia | Manuel González Vidal | 45 |
8473394909 | Era tempo de apandar | Ramón de Valenzuela | 46 |
8473395220 | Crónicas, 3: Entre la mano negra y el nacionalismo galego | Jose Antonio Durán | 47 |
8473395034 | La medicina popular en Galicia | Víctor Lis Quibén | 48 |
8473395379 | La anunciación de Valle-Inclán | Valentín Paz-Andrade | 49 |
8473395123 | Nai | Xosé Neira Vilas | 50 |
8473395360 | Cousas da vida I | Alfonso Daniel Rodríguez Castelao | 51 |
8473395425 | Obra completa 1 | Vicente Risco | 54 |
8473395433 | Obra completa 2 | Vicente Risco | 55 |
8473395476 | Calendario de brétemas mañánceiras da miña praia atlántica | Xoán Ignacio Taibo | 56 |
8473395877 | Celso Emilio Ferreiro: Compañeiro do Vento e das Estrelas | María José Porteiro, José Antonio Perozo | 57 |
8473395875 | Obra Completa III: Diarios de Arte | Alfonso Daniel Rodríguez Castelao | 58 |
8476003137 | Fantasias y realidades de la Costa de la muerte | Francisco de Ramón y Ballesteros | 59 |
8473392671 | Obra completa II: Sempre en Galiza (versión en castellano) | Alfonso Daniel Rodríguez Castelao | |
As cruces de pedra na Galiza | Alfonso Daniel Rodríguez Castelao | ||
8476005563 | Nós | Alfonso Daniel Rodríguez Castelao | |
8473392221 | Milicianos | Alfonso Daniel Rodríguez Castelao | |
8476004737 | Galicia mártir | Alfonso Daniel Rodríguez Castelao | |
8473393236 | Atila en Galicia | Alfonso Daniel Rodríguez Castelao |
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Biblioteca de Galicia: Xesús Alonso Montero
- "Ramón Akal, el editor incómodo y valiente" en La mosca Mediática, bitácora (en castelán).
Ligazóns externas
editar- Catálogo dispoñíbel de Arealonga
- Javier Rodríguez Marcos (24/4/2012). "Yo pregunto si un libro es bueno, no si es rentable". El País.