Cirrose hepática

A cirrose hepática é a cirrose que afecta o tecido hepático como consecuencia final de diferentes doenzas crónicas.

Cirrose hepática
Clasificación e recursos externos
Cirrose de fígado visto axialmente con tomografía computada de abdome.
DiseasesDB2729
MedlinePlus000255
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

As consecuencias da cirrose hepática sobre a saúde do individuo dependen fundamentalmente do grao de funcionalidade que o fígado poida conservar malia a alteración histolóxica.

Epidemioloxía

editar

Segundo a OMS, en total morren anualmente arredor dunhas 27 000 persoas por mor da cirrose hepática nos países desenvolvidos.[1]

En España, afecta a 4 de cada 10 000 persoas, destas a gran maioría son causados polo consumo excesivo de alcol.[2]

Anatomía patolóxica

editar

A anormalidade principal da cirrose hepática é a presenza de fibrose, que consiste no depósito de fibras de coláxeno no fígado, pero para que se poida facer a diagnose anatomopatolóxica de cirrose, esta acumulación de fibras debe delimitar nódulos, é dicir, debe illar áreas de tecido hepático, alterando a arquitectura do órgano e dificultando a relación entre os hepatocitos e os finos vasos sanguíneos a través dos cales exercen a súa función de síntese e depuración e a través dos cales se nutren.

De xeito esquemático, a fibrose forma algo semellante a unha rede tridimensional dentro do fígado, na que as cordas da rede serían a fibrose, e as áreas que quedan entre as mesmas, os nódulos de células que rexeneran dentro do mesmo. Esta alteración denomínase nódulo de rexeneración e é a característica que permite establecer a diagnose de cirrose. Existen outras alteracións hepáticas que se acompañan de fibrose, que non se consideran cirrose ó non cumprir a condición de formar nódulos de rexeneración.

  1. Anderson RN, Smith BL. "Deaths: leading causes for 2001" (9). PMID 14626726. 
  2. Gran Colección de la salud, Enfermedades y tratamientos 3, páxinas 26 y 27, Editorial Plaza & Janéz, 2003, ISBN 84-9789-265-8