Carmen López-Cortón
institucionista, educación feminina
(Redirección desde «Carme López-Cortón Viqueira»)
Carmen López-Cortón nada en Vixoi (Bergondo) o 9 de xullo de 1866 e finada en Madrid o 19 de marzo de 1938, foi unha mestra galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xullo de 1866 Vixoi, España |
Morte | 19 de marzo de 1938 (71 anos) Madrid, España |
Familia | |
Pai | José Pascual López Cortón |
Traxectoria
editarFilla de José Pascual López Cortón e Julia Viqueira Flores-Calderón, estudou en Madrid na Institución Libre de Enseñanza. Viaxou a Inglaterra para ampliar coñecementos da educación británica, e alí decidiuse cara aos temas pedagóxicos, educativos e sociais.
Publicou no Boletín da Institución Libre de Enseñanza algúns artigos en que expuña como se produciu o acceso das mulleres á educación superior nalgúns países europeos.[1]
Vida persoal
editarCasou con Manuel Bartolomé Cossio o 9 de agosto de 1893 no Santuario do Bom Jesus do Monte, en Braga (Portugal). Tiveron dúas fillas: Natalia (1894) e Julia (1900).[2]
Notas
editar- ↑ Marco, Aurora. "Carmen López-Cortón". Álbum da JAE. Consello da Cultura Galega.
- ↑ Otero Urtaza, Eugenio (2010). "Unha ducia de cartas de Manuel B. Cossío a Francisco Giner dende San Victorio (Bergondo). Nadal de 1895". Sarmiento: anuario galego de historia da educación (Universidade de Vigo) (14): 135–156. ISSN 1138-5863.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "López-Cortón Viquiera, Carme". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 253.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas [Das orixes a 1975]. Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-146-9.