Carludovica palmata

especie de planta
Carludovica palmata

Carludovica palmata
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Lilliopsida
Subclase: Liliidae
Orde: Pandanales
Familia: Cyclanthaceae
Subfamilia: Carludovicoideae
Xénero: Carludovica
Especie: Carludovica palmata
Ruiz & Pav. (1798)
Sinonimia

Jipijapa

Carludovica palmata é unha especie pertencente á familia das ciclantáceas.

Froitos.
Inflorescencia
Carludovica palmata por J. van Aken, 1860-1870

Descrición

editar

Non é unha verdadeira palma pero está relacionada con estas por pertencer á mesma orde das espatifloras. En realidade é unha planta herbácea de 1,5 a 2,5 m de altura, sen un talo visible. Posúe follas simples, agrupadas e que conforman unha roseta, con láminas de até 65 cm de longo, en forma de abano, pregadas e cos bordos aserrados. As súas follas diferéncianse das follas das verdadeiras palmas en que non contan cunha estrutura en forma de lámina aguda localizada na unión do pedúnculo e os folíolos.

As súas flores femininas, que maduran primeiro, botan estigmas caedizos con moitas flores pequeniñas de cor branca-crema e as flores masculinas, que maduran posteriormente, botan abundante pole. Multiplícase vexetativamente pois non produce sementes viables. Tamén se diferencia claramente das palmeiras en que non desenvolve tronco leñoso. O seu froito de até 15 cm de lonxitude é carnoso, de cor verde e no interior, laranxa.

Cultivo e usos

editar

Cultivada desde Centroamérica até Bolivia especialmente en Ecuador, aprovéitanse as fibras suaves, flexibles e duradeiras, con que se tecen sombreiros e outros artigos.

Taxonomía

editar

Carludovica palmata foi descrito por Ruiz & Pav. e publicado en Systema Vegetabilium Florae Peruvianae et Chilensis 291–292. 1798.[1]

Etimoloxía

Carludovica: nome xenérico en lembranza de Carlos IV de España e a súa dona María Luísa de Parma.[2]

palmata: epíteto latíno que significa "como unha palma".[3]

Sinonimia
  1. "Carludovica palmata". Tropicos.org. Xardín Botánico de Missouri. Consultado o 10 de febreiro de 2014. 
  2. Genaust, Helmut (1976). Etymologisches Wörterbuch der botanischen Pflanzennamen ISBN 3-7643-0755-2
  3. En Epítetos Botánicos
  4. Carludovica palmata en PlantList

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Mexico City.
  • Correa A., M.D., C. Galdames & M. Stapf. 2004. Cat. Pl. Vasc. Panamá 1–599. Smithsonian Tropical Research Institute, Panama.
  • Cowan, C. P. 1983. Flora de Tabasco. Listados Floríst. México 1: 1–123.
  • Dodson, C.H. & A.H. Gentry. 1978. Flora of the Río Palenque Science Center: Los Ríos Province, Ecuador. Selbyana 4(1–6): i–xxx, 1–628.
  • Dodson, C.H., A.H. Gentry & F.M. Valverde Badillo. 1985. Fl. Jauneche 1–512. Banco Central del Ecuador, Quito.
  • Foster, R. C. 1958. A catalogue of the ferns and flowering plants of Bolivia. Contr. Gray Herb. 184: 1–223. View in Biodiversity Heritage Library
  • Funk, V. A., P. E. Berry, S. Alexander, T. H. Hollowell & C. L. Kelloff. 2007. Checklist of the Plants of the Guiana Shield (Venezuela: Amazonas, Bolivar, Delta Amacuro; Guyana, Surinam, French Guiana). Contr. U.S. Natl. Herb. 55: 1–584. View in Biodiversity Heritage Library
  • Hammel, B. E. 2003. Cyclanthaceae. In: Manual de Plantas de Costa Rica, B.E. Hammel, M.H. Grayum, C. Herrera & N. Zamora (eds.). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 92: 424–455.

Ligazóns externas

editar