Bandeira de Polonia
A bandeira de Polonia (en polaco: Flaga Polski) é oficialmente a bandeira do Estado dende o 1 de agosto de 1919.
Bandeira de Polonia | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 5:8 |
Adopción | 1 de agosto de 1919 |
Cores | Branco Vermello |
Descrición
editarEstá formada por dúas franxas horizontais de iguais dimensións. A franxa superior é de cor branca e a inferior é vermella. Posúe unhas proporcións de 5:8. Existe unha versión co escudo nacional, a bandeira de Estado, que se utiliza no estranxeiro como bandeira das representacións diplomáticas e que é tamén a bandeira da mariña mercante.
As cores da bandeira de Polonia proveñen do escudo nacional: a parte branca representa á Aguia Branca e a parte vermella a cor do campo do escudo. As súas orixes remóntanse ao século XIII, cando a aguia branca foi fixada sobre unha superficie vermella polos príncipes da dinastía dos Piastas. O branco e o vermello comezaron a aparecer nos escudos, estandartes e guións da cabalería, pasando a figurar nas bandeiras militares.
Outras bandeiras
editar-
Pavillón do Estado
-
Bandeira (branco)
-
Pavillón do Estado (branco)
-
Base aérea naval
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Polonia en Flags of the World (en inglés)