Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) constituíse a partir dunha xuntanza celebrada o 3 de maio de 1980 en Santiago de Compostela por un grupo de escritores, entre os que se contaban Alfredo Conde, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Luís Méndez Ferrín, Alfonso Pexegueiro, Manuel Rivas, Uxío Novoneyra, Xavier Rodríguez Barrio, Bernardino Graña e Xoán Ignacio Taibo que acordan formar unha asociación que defendese os intereses da práctica escrita en galego seguindo o facho da Asociación de Escritores de Galicia que non puido desenvolver o seu labor polo estoupido da Guerra Civil española pouco despois da súa constitución.
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega | |
---|---|
Acrónimo | AELG |
Tipo | asociación profesional e organización de escritores e escritoras |
Data de fundación | 3 de maio de 1980 |
Presidente/a | Cesáreo Sánchez Iglesias (-) |
País | España |
Na rede | |
https://www.aelg.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A AELG celebrou o I Congreso de Escritores Galegos en 1981 e participou na organización dos encontros Galeusca con escritores cataláns e vascos. Durante anos estivo enfrontada á Real Academia Galega por considerala unha institución inmobilista que non traballaba a prol da cultura galega. A revista Escrita Contemporánea foi o seu voceiro oficial. Está recoñecida pola Academia Sueca para presentar candidatos oficiais ao Premio Nobel de Literatura e forma parte do Congreso de Escritores Europeos.
Ten a súa sede no Edificio de Sindicatos da cidade da Coruña.[1] A 1 de xaneiro de 2019 a asociación contaba con 459 socios,[2] nese ano convocou un Parlamento de Escritoras.[3]
Presidentes
editarSucesivamente:
Composición do consello directivo
editar- Presidencia: Cesáreo Sánchez Iglesias
- Vicepresidencia: Anna R. Figueiredo[5]
- Secretaría Xeral: Cilha Lourenço
- Tesouraría: Marta Dacosta
- Vogalía de Novos Proxectos: Rosalía Fernández Rial
- Vogalía da Coruña: Antía Yáñez e Beatriz Maceda
- Vogalía de Lugo: Lois Pérez
- Vogalía de Vigo: Ledicia Costas
- Vogalía de Pontevedra: Montse Fajardo
- Vogalía de Santiago de Compostela: Daniel Asorey
- Vogalía de Ourense: Xoán Carlos Domínguez Alberte
- Vogalía de Relacións Internacionais: Xavier Queipo
- Vogalía de Cataluña: Alicia Fernández Rodríguez
- Vogalía de Literatura e Tradición Oral: Antonio Reigosa[6]
- Vogalía de Literatura dramática: Alfonso Becerra
Escritor galego universal
editarAsociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega destaca aquelas autoras e autores que unen á excelencia literaria o compromiso ético que os converte en referentes na defensa da dignidade nacional e humana, honrando cada ano unha escritora ou escritor.[7]
- 2006: Mahmoud Darwich[8]
- 2007: Pepetela[9][10]
- 2008: Nancy Morejón[11]
- 2009: Elena Poniatowska[12]
- 2010: Juan Gelman[13]
- 2011: Antonio Gamoneda[14]
- 2012: José Luis Sampedro[15]
- 2013: Lídia Jorge[16]
- 2014: Bernardo Atxaga[17]
- 2015: Luiz Ruffato[18]
- 2016: Pere Gimferrer[19]
- 2017: Hélia Correia[20]
- 2018: Isabel-Clara Simó[21]
- 2019: María Teresa Horta[22]
- 2020: Mariasun Landa[23]
- 2021: José Luandino Vieira[24]
- 2022: Ana Luísa Amaral[25]
Notas
editar- ↑ Páxina de contacto da AELG
- ↑ Informe do Consello Directivo da AELG, Asemblea xeral de socios celebrada en febreiro de 2019.
- ↑ "A AELG convoca un parlamento de escritoras polos dereitos civís". Sermos Galiza. 11 de marzo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 13 de marzo de 2019.
- ↑ "María Canosa, Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña". La Voz de Galicia. 2022-05-31. Consultado o 2022-06-01.
- ↑ "Novas secci\u00F3ns e incorporaci\u00F3ns na directiva da AELG". www.aelg.gal. Consultado o 2020-12-03.
- ↑ AELG Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
- ↑ "Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega". www.aelg.gal. Consultado o 2020-12-03.
- ↑ culturagalega.org (2006-04-07). "Poeta galego de Palestina". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2020-12-03.
- ↑ "A AELG nomea Escritor Galego Universal o vasco Bernardo Atxaga". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2020-12-03.
- ↑ "A AELG nomea Escritor Galego Universal o vasco Bernardo Atxaga". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-10-17.
- ↑ "Vieiros: Galiza Hoxe - Nancy Morejón, 'escritora galega universal'". www.vieiros.com. Consultado o 2020-12-03.
- ↑ "Elena Poniatowska recibirá el título de Escritora Galega Universal o 9 de maio". La Región. 2009-04-30. Consultado o 2020-12-03.
- ↑ "O poeta Juan Gelman, elixido «escritor galego universal»". La Voz de Galicia. 2009-12-24. Consultado o 2020-12-03.
- ↑ asociacionescritoras-es. "Antonio Gamoneda, nomeado Escritor Galego Universal pola AELG Axenda cultural AELG::". Consultado o 2020-12-03.
- ↑ Efe (2012-01-21). "José Luis Sampedro, distinguido como Escritor Galego Universal". La Opinión de A Coruña. Consultado o 2020-12-03.
- ↑ "Lídia Jorge, Escritora galega universal para a AELG". Nós Diario. Consultado o 2020-12-03.
- ↑ "A AELG nomea Escritor Galego Universal a Bernardo Atxaga". Nós Diario. Consultado o 2020-12-03.
- ↑ "Luiz Ruffato, Escritor Galego Universal 2015, en Lugo / Rede Museística provincial de LUGO". redemuseisticalugo.org. Arquivado dende o orixinal o 2022-05-04. Consultado o 2022-01-28.
- ↑ "Pere Gimferrer, Escritor Galego Universal 2016". Praza Pública. 2016-02-13. Consultado o 2020-12-03.
- ↑ "Hélia Correia, Escritora Galega Universal, e Pilar García Negro, Escritora na súa Terra". Nós Diario. Consultado o 2020-12-03.
- ↑ "Falece a autora e xornalista valenciana Isabel-Clara Simó, Escritora Galega Universal 2018". Nós Diario. Consultado o 2020-12-03.
- ↑ "María Teresa Horta, distinguida como Escritora Galega Universal". Galicia Confidencial. Consultado o 2020-12-03.
- ↑ "Mariasun Landa, Escritora Galega Universal 2020 Jakiunde". www.jakiunde.eus. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2020. Consultado o 2020-12-03.
- ↑ "A AELG nomea José Luandino Vieira "Escritor Galego Universal"". Nós Diario. Consultado o 2021-04-17.
- ↑ Diario, Nós. "A AELG nomea a portuguesa Ana Luísa Amaral como Escritora Galega Universal 2022". Nós Diario. Consultado o 2022-04-05.
- ↑ "Escritora Galega Universal 2023: Lydia Cacho". AELG. Consultado o 2022-04-05.