Anveres
Anveres[1][2] ou Antuerpen[3][4] (en neerlandés: Antwerpen, en francés: Anvers) é a segunda maior cidade da Bélxica, e a maior da rexión de Flandres. É un dos maiores portos do mundo, nas marxes do río Escalda. Anveres é coñecida internacionalmente por ser o centro mundial do diamante e polo seu porto. A cidade ten unha poboación de 501 000 habitantes.
Antwerpen (nl) | |||||||||
Himno | Ântwârpe (23 de novembro de 2020) | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alcume | Koekenstad, 't Stad, Scheldestad, Sinjorenstad e Diamantstad | ||||||||
Localización | |||||||||
| |||||||||
Estado | Bélxica | ||||||||
Rexión | Rexión Flamenga | ||||||||
Provincia | Provincia de Anveres | ||||||||
Distrito | Distrito de Anveres | ||||||||
Capital de | |||||||||
Capital | District of Antwerp (en) | ||||||||
Contén a división administrativa | Berchem (en) Berendrecht-Zandvliet-Lillo Borgerhout Deurne District of Antwerp (en) Ekeren (1983–) Hoboken Merksem Wilrijk | ||||||||
Poboación | |||||||||
Poboación | 529.247 (2020) (2.590,28 hab./km²) | ||||||||
Lingua oficial | lingua neerlandesa | ||||||||
Xeografía | |||||||||
Parte de | |||||||||
Superficie | 204,32 km² | ||||||||
Bañado por | Canle Alberte e Río Escalda | ||||||||
Altitude | 7 m | ||||||||
Comparte fronteira con | Woensdrecht (pt) Borsbeek (pt) Brasschaat (pt) Edegem (pt) Kapellen (pt) Hemiksem (pt) Wommelgem (pt) Mortsel (pt) Stabroek (pt) Hulst (pt) Schoten Reimerswaal Wijnegem (pt) Aartselaar Zwijndrecht (Bélgica) (pt) | ||||||||
Datos históricos | |||||||||
Evento clave
| |||||||||
Organización política | |||||||||
• Alcalde | Bart De Wever (2013–) | ||||||||
Membro de | |||||||||
Identificador descritivo | |||||||||
Código postal | 2000, 2018, 2020, 2030, 2040, 2050, 2060, 2100, 2140, 2170, 2180, 2600, 2610 e 2660 | ||||||||
Fuso horario | |||||||||
Prefixo telefónico | 03 | ||||||||
Outro | |||||||||
Irmandado con | Chongqing Durban Paramaribo Oslo Rotterdam (1940–) Mulhouse (1956–) Marsella (1958–) San Petersburgo (1958–) Rostock (1963–) Shanghai (1984–) Akhisar (1988–) Haifa (pt) (1995–) Cidade do Cabo (1996–) Barcelona (1997–) Ludwigshafen am Rhein (pt) (1998–) | ||||||||
Páxina web | antwerpen.be | ||||||||
O feito de ser considerado o Centro Mundial do Diamante reside en que na cidade se producen o 80 % dos diamantes brutos e o 50 % dos diamantes lapidados do mundo. De acordo cos datos divulgados polo Alto Consello para o Diamante (HRD) no 2004 o sector do diamante en Anveres moveu arredor de 34 mil millóns de dólares, e representou preto do 7 % das exportacións da Bélxica.
Historia
editarNo percorrer do século XV, o seu porto adquiriu unha gran relevancia no comercio internacional, coa pioneira fundación dunha primitiva "bolsa" na cidade, que rapidamente transformou Anveres nun dos máis coñecidos centros comerciais e produtores do Vello Continente.
Cultura
editarAnveres é a cidade natal de Peter Paul Rubens, o cal é considerado como o símbolo da cidade, é doado atopar en rúas e prazas estatuas e referencias a el. A catedral, alberga tres das súas obras e outras notorias pódense atopar no museo coñecido como A Casa de Rubens.
No referente á vida nocturna, Anveres é unha cidade moi animada dado que é unha das cidades universitarias máis importantes do país. O centro está cheo de bares onde se pode degustar, entre outras moitas cousas, a cervexa propia da cidade, De Koninck.
Un dos mellores lugares para gozar da cultura de bar belga é Kassa4, en Ossenmarkt. Tamén, xunto á catedral atópase o bar máis antigo da cidade que ofrece unha carta de cervexas con máis de 150 diferentes.
Outra visita interesante é a zona portuaria próxima ao centro histórico onde se poden ver distintos tipos de embarcacións tanto de transporte como de recreo, nunha exposición libre situada en antigos almacéns.
A igrexa de Santiago (Sint Jakobskerk) é outro dos monumentos a visitar, xa que Anveres era unha das etapas importantes no Camiño de Santiago desde os Países Baixos.
Cidades irmás
editar
|
Dentro do eido da cooperación para o desenvolvemento, Anveres tamén está irmandada con:
Galería de imaxes
editar-
27/11/1944. Resultado da acción dun Foguete V2 que atinxiu a vía principal de Anveres.
-
Praza do mercado de Anveres.
-
Catedral.
-
A Pedra.
-
Estación de tren.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para circunvalar.
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524.
Antuerpen (Bélxica) e Antuerpen/Anveres
- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). ISBN 84-8158-266-2.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anveres |
Bibliografía
editar- "Anveres". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 162. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Anveres". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Sitio web do concello (en varias linguas).
Predecesor: Estocolmo 1912 |
Xogos Olímpicos 1920 |
Sucesor: París 1924 |
Predecesor: Nova Deli |
Capital mundial do libro 2004 |
Sucesor: Montreal |
Predecesor: Madrid |
Capital Europea da cultura 1993 |
Sucesor: Lisboa |