Antonio García Teijeiro
Antonio García Teijeiro, nado en Vigo o 13 de agosto de 1952,[1] é un escritor galego, dedicado principalmente á literatura infantil, e mestre de escola.[2]
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de agosto de 1952 (72 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura infantil, crítica literaria e educación primaria |
Ocupación | escritor, profesor universitario, crítico literario, balonmanista |
Xénero artístico | Poesía, narrativa e ensaio |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarExerceu como mestre de Ensino Primario e Primeiro Ciclo da ESO. Colaborou nas páxinas literarias e pedagóxicas de xornais e revistas de Galicia, e en diversos proxectos literarios. Crítico e especialista en literatura infantil e xuvenil, impartiu cursos de animación á lectura, creación literaria, obradoiros de poesía, palestras. Como tradutor ó galego leva realizado diversos traballos dentro do eido literario infantil e xuvenil. Dirixiu coleccións editoriais e programas de radio de tema literario.[3] Codirixiu o programa radiofónico de música e poesía Os sons do silencio.[4]
Recibiu o Premio Merlín[5] e o premio Pier Paolo Vergerio. A súa obra figura nas listas da IBBY[6]. En 2017 recibiu o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España pola obra Poemar o mar[7].
Algúns dos seus poemas foron musicados por grupos e músicos coma Antón Seoane e Paco Ibáñez. Mantén unha intensa actividade na rede co seu blog Versos e Aloumiños.[8]
Xogou ao balonmán na División de Honra co Academia Octavio.[9]
Obra en galego
editarPoesía
editar- Parolando coa vixencia (1987). Edición do autor. 74 páxs. ISBN 978-84-398-9290-8.
- Retorno ós lamentos (1988). Vigo: Xerais. 68 páxs. ISBN 9788475073248.
- Na agonía dos outonos en silencio (1992). Sada: Ediciós do Castro. 78 páxs. ISBN 9788484850656.
- Polo camiño do incerto (2004). Sada: Ediciós do Castro. 67 páxs. ISBN 9788484851646.
- Presenzas marcadas (2007). Santiago: Follas Novas. 84 páxs. ISBN 978-84-85385-39-3.
- Arredor do teu corpo (2008). A. C. Caldeirón. ISBN 978-8415084679.
- Poesía cromática (2017). Vigo: Belagua. Con ilustracións de Xulio García Rivas. 96 páxs. ISBN 978-84-946959-0-2.
- Se falases de min (2022). Vigo: Ed. Elvira. Unha viaxe de autenticidade cos poemarios Palabras envoltas en cancións e Cando caen as follas que inspiran as pinturas que os acompañan e as inconfundibles voces que interpretan os poemas.[10] Ilustracións de Xulio García Rivas. Intérpretes das cancións do CD: Paco Ibáñez e Alberto Cunha. 192 páxs. ISBN 978-84-125185-4-2.
- O poder da fraxilidade (2023). Vigo: Belagua. 102 páxs. ISBN 978-84-124434-9-3.
Literatura infanto-xuvenil
editarPoesía
editar- Aloumiños (1988) Vigo: Galaxia. Ilustracións RuAn. 32 páxs. ISBN 978-84-9865-692-3.
- Coplas (1988). Vigo: Galaxia. En 2008: 32 páxs. ISBN 9788498651027. Ilustracións de Rubén Pérez Puig.
- Nenos (1988). Vigo: Galaxia. Ilustracións de Manuel Janeiro. ISBN 978-84-7154-610-4.
- Cacarabín, cacarabón (1991). Vigo: Edelvives. Ilustracións de Teo Puebla. ISBN 978-84-263-5274-3.
- As catro estacións (1991). (1988). Vigo: Galaxia. 80 páxs. ISBN 978-84-9865-347-2 (3ª).
- Ventos (1992). Vigo: Xerais. Ilustracións de Ana G. Buhigas. 48 páxs. ISBN 9788475076119
- Lueiro de papel (1995). Vigo: Xerais. 48 páxs. Ilustracións de Mª Antonia Pacual. ISBN 9788475079264.
- Na fogueira dos versos (1996). Vigo: Xerais. Ilustracións de Enjamio. ISBN 978-84-9782-504-7 (7ª, 2007).
- Os nosos versos: antoloxia (1997). Vigo: Xerais. 104 páxs. ISBN 978-84-8302-977-0 (4ª, 2003). Ilustracións de Fino Lorenzo.
- Fantasía en re maior (1997). Vigo: Edelvives. 81 páxs. ISBN 9788426337207.
- Ladrándolle á lúa (1997). Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 978-84-7824-306-8.
- Unha chea de aloumiños (1998). Vigo: Galaxia. 104 páxs. ISBN 9788482881683. Reúne nun único volume catro libros de poesía para rapaces publicados en 1988 (Coplas, Nenos, Aloumiños) e 1992 (Poemas do sol e da lúa)
- Caderno de fume (1999). Madrid: Anaya. ISBN 9788420792521. Ilustracións de Xosé Cobas.
- Nos mares diversos (1999). Unión de Cooperativas do Ensino de Traballo Asociado de Galicia. 131 páxs. ISBN 978-84-922542-4-8.
- Palabras envoltas en cancións (2000). Vigo: Galaxia. 96 páxs. ISBN 978-84-8288-355-7.
- Aire sonoro (2001). Vigo: Ir Indo. Ilustracións de Xosé Cobas. 65 páxs. ISBN 978-8476803493.
- ¡Ai, canto falan as pombas que falan! (2002). Vigo: Ir Indo. Ilustracións de Manuel Uhía. 46 páxs. ISBN 9788476804049.
- Paseniño, paseniño (2003). Everest. Xerais: 2018, ilustracións de Marcos Viso. ISBN 978-84-9121-414-4.
- Bicos na voz (2004). Deputación de Málaga. Edición bilingüe galego-castelán.
- Chove nos versos (2004). Vigo: Xerais. 80 páxs. ISBN 978-84-9782-201-5. ePub: ISBN 978-84-9121-321-5. Ilustracións de Lázaro Enríquez.
- Cando caen as follas (2006). A Coruña: Everest. Ilustracións de Xosé Cobas. 64 páxs. ISBN 9788440305268.
- Á sombra do lueiro de papel (2007). A Coruña: Everest. Ilustracións de Manolo Uhía. 72 páxs. ISBN 9788440309198.
- Petando nas portas de Dylan (2007). Vigo: Galaxia. 80 páxs. ISBN 9788471540126.
- Bolboretas no papel (2008). Vigo: Tambre. 58 páxs. Ilustracións de Fino Lorenzo. ISBN 9788492404131.
- As palabras están a mirarse arredor da mesa (2009). A Coruña: Everest. En Cuarto de Inverno, con ilustracións de Lidia Cao, ISBN 978-84-121604-8-2.
- Recendos de aire sonoro (2011). Vigo: Xerais. 88 páxs. Ilustracións de Fino Lorenzo. ISBN 978-84-9914-201-2.
- Un rato díxolle á lúa. Antoloxía da poesía de Antonio García Teijeiro (2013). Vigo: Xerais. Ilustracións de Xosé Cobas. 152 páxs. ISBN 978-84-9914-505-1. ePub: ISBN 978-84-9121-810-4.
- Poemar o mar (2016). Vigo: Xerais. Ilustracións de Xan López Domínguez. 72 páxs. ISBN 978-84-9121-018-4 (6ª). ePub: ISBN 978-84-9121-975-0.
- Palabras do mar (2016). Ferrol: Embora. Ilustracións de Xosé Tomás. 40 páxs. ISBN 9788416456031.
- Vento, ventiño, venteiro (2019). Vigo: Xerais. 56 páxs. ISBN 978-84-9121-567-7.[11]
- Bicos e non balas (2019). Galaxia. 108 páxs. Escolma de poemas. Ilustracións de Bea Gregores. ISBN 9788491513964.
- Canta, miña rula, canta (2021). Vigo: Galaxia. 32 páxs. ISBN 978-84-9151-629-3.
- No xardín do poeta (2022). Vigo: Xerais. 88 páxs. ISBN 978-84-9121-963-7. ePub: ISBN 978-84-9121-967-5. Ilustracións de Víctor Rivas.
- Que demo de monicreque (2022). Vigo: Galaxia. 76 páxs. ISBN 978-84-9151-835-8. Ilustracións de Xosé Cobas.
- O poder da fraxilidade (2023). Vigo: Belagua. 102 páxs. ISBN 978-84-24434-9-8.
- Os ecos do vento (2024). Pontevedra: Kalandraka. Ilustracións de Noemí Villamuza. 32 páxs. ISBN 978-84-1343-281-6. 12 poemas.
Narrativa
editar- A chave dos soños (1988). Vigo: Galaxia. 108 páxs. ISBN 978-84-7154-653-1 (5ª). Relatos.
- Noa (1989). Vigo: Galaxia. Traducida ao castelán,[12] ao catalán,[13] ao aranés,[14] ao éuscaro[15] e ao éuscaro (biscaíño).[16]
- A teima de Xan (1991). Sotelo Blanco. En Galaxia (2005). 128 páxs. Ilustracións de Fino Lorenzo. ISBN 9788482887883.
- O cabalo de cartón (1992). Vigo: Edelvives. Ilustracións de Manolo Uhía. 48 páxs. ISBN 9788426324498
- Sempre quenta o sol (1994). Santiago: Obradoiro Santillana. ISBN 978-84-87937-89-7.
- Ó Outro lado da esquina (1996). A Coruña: Bruño. ISBN 978-84-216-2890-4. 4 contos.
- Cara a un lugar sen nome (1998). Santiago: Sotelo Blanco. 76 páxs. ISBN 978-84-7824-331-0. 4 relatos.
- En voz baixa (1998). Vigo: Xerais, Fóra de Xogo. 136 páxs. ISBN 9788483022276. En castelán En voz baja, Ed. Elvira, Tradución: Antón García-Fernández, ISBN 978-84-12633467.
- O que ven os ollos dos nenos (2000). Vigo: Xerais. 80 páxs. Ilustracións de Fino Lorenzo. Prosa poética. ISBN 9788483025987.
- Os peixes de cores (2002) e (2007). Vigo: Xerais. 112 páxs. Ilustracións de Xosé Cobas. ISBN 9788483027868.
- Trala liña do horizonte (2002). Vigo: Luís Vives. 120 páxs. ISBN 9788426348760.
- Honorato, o rato namorado (2007). Vigo: Xerais. 64 páxs. Ilustracións de Manolo Huía. ISBN 9788497825740
- Cos ollos na Lúa (2010). A Coruña: Everest. 48 páxs. Ilustracións de Noemí López. ISBN 9788440311511.
- Verbas de sal (2011). Vigo: Xerais. 56 páxs. ISBN 978-84-9914-108-4. Ilustracións de Alberto Vázquez.
- Raiolas de sol (2016). Vigo: Galaxia. 88 páxs. ISBN 978-84-9865-692-3. Relatos.
Ensaio
editar- O libro na escola, as bibliotecas escolares e de aula (1989). Santiago: Xunta de Galicia.
- Disfrutar escribindo: a narración e a poesía nas aulas (1990). Vigo: Galaxia. 64 páxs. ISBN 9788471547422.
- O delfín vermello I e II. Proposta didáctica (1992). Madrid: Anaya.
- A poesía necesaria. Lectura e creación poética dentro da aula (2009). Vigo: Galaxia. 124 páxs. ISBN 978-84-9865-212-3.
Traducións
editar- Onde está Wally?, de Martin Handford (1991). Ediciones B[17].
Edicións
editar- Celso Emilio Ferreiro para nenos (1988). Madrid: Ediciones de la Torre.
- Antoloxía, de Celso Emilio Ferreiro (1989). Vigo: Xerais.
- Nos mares diversos (1999). UCETAG.
Obras colectivas
editar- A cidade, de María Rius, 1988, Galaxia. Tradución con David Otero.
- O mar, de María Rius, 1988, Galaxia. Tradución con David Otero.
- A montaña, de María Rius, 1988, Galaxia. Tradución con David Otero.
- O oído, de María Rius, 1989, Galaxia. Tradución con David Otero.
- O olfato, de María Rius, 1989, Galaxia. Tradución con David Otero.
- O tacto, de María Rius, 1989, Galaxia. Tradución con David Otero.
- A vista, de María Rius, 1989, Galaxia. Tradución con David Otero.
- As catro estacións. O inverno, de Carme Solé Vendrell, 1990, Galaxia. Tradución con David Otero.
- As catro estacións. O outono, de Ulises Wensell, 1990, Galaxia. Tradución con David Otero.
- As catro estacións. A primavera de Asun Balzola, 1990, Galaxia. Tradución con David Otero.
- As catro estacións. O verán, de Carme Solé Vendrell, 1990, Galaxia. Tradución con David Otero.
- O Monicreque de Alicia, 1992, Xunta de Galicia.
- Trazos, trozos e retrincos, 1992, Xunta de Galicia.
- E dixo o corvo..., 1997, Xunta de Galicia.
- A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
- Un saquiño de contos, 2001, Xerais.
- Bicos, bicos e máis bicos, en Para cantar e contar, 2003, Xunta de Galicia.
- 23 poetas galegos cantan a don Antonio Machado, 2004, Hipocampo.
- Contos de cabuxas, ratos, libros e casas, 2004, Xunta de Galicia.
- Postais do Camiño, 2004, Galaxia.
- Contos e poemas para un mes calquera, 2006, Planeta-Oxford.
- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Xerais.
- Xabarín 18, 2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
- Lendo lendas, digo versos (2015). Vigo: Xerais, con Antonio Reigosa e Xosé Cobas. ISBN 978-84-9914-916-5.
- E de súpeto o inverno, 2017, Agalir.
- Os Direitos das Crianças, 2018, Trinta Por Uma Linha.
- En el vuelo de la memoria. Antología para Ángel Campos Pámpano. (Editora Regional de Extremadura, 2018).
Premios
editar- Premio Merlín no 1996, por Na fogueira dos versos.
- Lista de Honra do IBBY no 1998, por Na fogueira dos versos.
- Premio Pier Paolo Vergerio no 1998, por Na fogueira dos versos.
- I Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas, 2007, por Arredor do teu corpo.
- Premio Fervenzas Literarias 2014 (Mellor libro infantil) por Un rato díxolle á lúa.
- Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no 2017, por Poemar o mar.
Obra en castelán
editarLiteratura infanto-xuvenil
editar- Versos de agua (1989). Edelvives, poemario.
- Volando por las palabras,1(992). Edelvives, poemario.
- Al hilo de la palabra (1997). UCETAG, poemario.
- Todo es soñar (2006). Brosquil, poemario.
- Versos con alas (2006). Bellaterra, poemario.
- Viene el río recitando (2008). Algar, poemario.
Obras colectivas
editar- Cuentos y poemas para un mes cualquiera (2005). Planeta e Oxford.
- Estelas de versos (2008). Universidad de Castilla-La Mancha. Con Rafael Cruz-Contarini.
Premios
editar- Obra gañadora do Quinto Certame de Poesía Infantil Luna de aire, convocado por CEPLI, no 2007, por Estela de versos. Con Rafael Cruz-Contarini.
- Premio á mellor iniciativa bibliográfica na I Gala do Libro Galego en 2016, por Lendo lendas, digo versos.
Vida persoal
editarÉ pai da xornalista Noa García.[18]
Notas
editar- ↑ Noa García (17 de agosto de 2012). "Felicidades". Noa García.
- ↑ "A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-06-15.
- ↑ "Antonio García Teijeiro Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-06-16.
- ↑ "García Teijeiro, Antonio". EGU - Enciclopedia Galega Universal. Consultado o 2023-06-16.
- ↑ Ficha da obra Na fogueira dos versos no sitio web de Edicións Xerais de Galicia.
- ↑ El autor: Premios y reconocimientos en Cervantesvirtual (en castelán).
- ↑ "Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil do Ministerio de Cultura por Poemar o mar, escrito en galego, nova en Praza Pública, 3 de outubro de 2017.
- ↑ "Escola de letras – Antonio García Teijeiro". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-06-15.
- ↑ Tamara Novoa (6 de outubro de 2022). "Antonio García Teijeiro: «A xente non está disposta a ler poesía porque non está acostumada»". A Movida.
- ↑ "Se falases de min". Editorial Elvira. Consultado o 2023-06-15.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-09-04.
- ↑ "Noa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 2019-06-30.
- ↑ "Noa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 2019-06-30.
- ↑ "Nòa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 2019-06-30.
- ↑ "Parkeko txoko berdea". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2021-05-06.
- ↑ "Parkeko bazter berdea". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 2019-06-30.
- ↑ Ficha da obra no Proxecto Meiga.
- ↑ Alejandro Espiño (9 de xuño de 2024). "Iván Ferreiro e Noa García dan o 'si, quero' en El Náutico de San Vicente". Pontevedra Viva.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonio García Teijeiro |
Ligazóns externas
editar- agteijeiro.blogspot.com Blog do autor.
- Entrevista ao autor en Criticalia, blog de Armando Requeixo.