Andrade
páxina de homónimos
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
O topónimo Andrade pode referirse a:
- Andrade, parroquia do concello de Pontedeume;
- Andrade, lugar da parroquia de Calde, no concello de Lugo;
- Andrade, lugar da parroquia de Las, no concello de San Amaro;
- Andrade, lugar da parroquia de Aríns, no concello de Santiago de Compostela;
Dita parroquia de Pontedeume deu lugar ao condado de Andrade, creado no século XIV por Henrique II. En 1369 construíuse o castelo de Andrade, e no século XVI levantouse o torreón dos Andrade.
A partir século XII a familia Andrade, procedente de Pontedeume, comezou a ter certa importancia. Dos seus membros destacaron os nobres:
- Fernán Peres de Andrade, O Boo (1326? - 1397);
- Pedro Fernández de Andrade (finado en 1407);
- Nuno Freire de Andrade, o Mao (finado en 1431);
- Pedro Fernández de Andrade II
- María de Andrade
- Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal (A Coruña, 1524 - Madrid, 1590);
- Pedro Fernández de Castro y Andrade (Monforte de Lemos, 1560 - Madrid, 1634);
Amais, o apelido Andrade pode referirse a:
- Personalidades de Galicia
- Fernando de Andrade e Soutomaior (Vilagarcía, 1578 - Santiago de Compostela, 1655), arcebispo;
- Domingo Antonio de Andrade (Cee, 1639 - Santiago de Compostela, 1712), arquitecto;
- Manuel Pardo de Andrade (Dorneda, 1760 - Francia, 1832), escritor liberal;
- Jaime de Andrade, pseudónimo co que Francisco Franco escribiu o guión da película Raza;
- Xoán Bautista Andrade (Lérez, 1879 - 1930), poeta;
- Valentín Paz-Andrade (Lérez, 1898 - Vigo, 1987), xurista, político e escritor, sobriño do anterior;
- Afonso Paz-Andrade (Vigo, 1940 - ), fillo do anterior;
- Inmaculada Paz-Andrade, científica, curmá do anterior, sobriña de Valentín Paz-Andrade;
- Benigno Andrade García O Foucellas, (Mesía, 1908 - A Coruña, 1952), guerrilleiro anarquista;
- Juan Creus Andrade (Cee, 1966 - ), arquitecto;
- Cristina Sánchez-Andrade (Santiago de Compostela, 1968 - ), escritora en lingua castelá;
- José Antonio García Andrade, coñecido como Toni García (A Coruña, 1977 - ), exfutbolista;
- Rubén Iván Martínez Andrade (Coristanco, 1984 - ), futbolista;
- Personalidades do resto do mundo
- Gomes Freire de Andrade (1757 – 1817), xeneral portugués;
- Olegario Víctor Andrade (1841 – 1882), escritor arxentino;
- Francisco d'Andrade (1859 – 1921), cantante de ópera portugués;
- Mário Raúl de Morais Andrade (1893 – 1945), poeta, novelista e ensaísta brasileiro;
- Oswald de Andrade (1890 – 1954), escritor, ensaísta e dramaturgo brasileiro;
- Edward Neville Da Costa Andrade (1887 - 1971), escritor e científico inglés;
- Carlos Drummond de Andrade (1902 – 1987), poeta brasileiro;
- Mário Corino de Andrade (1906 - 2005), neurólogo portugués;
- Jorge Andrade (1978 - ), futbolista portugués.
- Maxwell Cabelino Andrade (1981 - ), futbolista brasileiro.