Aguia
- Para consultar o artigo sobre a constelación, véxase Aquila
A aguia é o nome común que se lle dá a varias aves rapaces da familia Accipitridae, xeralmente de grande porte, carnívoras e de grande acuidade visual. O nome é atribuído a animais pertencentes a xéneros diversos e non corresponde a ningunha clase taxonómica. A maioría atópanse no Vello Mundo. Son membros das aves de presa, da orde dos Accipitriformes (ou Falconiformes, segundo unha clasificación alternativa), familia Accipitridae, subfamilia Buteoninae.
Como tódalas aves rapaces, as aguias teñen un pico grande, poderoso e afiado para desgarrar a carne das súas presas. Contan tamén cunhas garras poderosas e unha visión que lles permite albiscar as presas a grandes distancias.
Simboloxía
editarAs aguias son tamén símbolos utilizados en varios contextos e culturas:
- Como símbolo de poder nos pobos maias, aztecas e exipcios. Amón-Ra, a máis grande deidade dos antigos exipcios, era representado coma un home coa testa dunha aguia [Cómpre referencia].
- Na mitoloxía grega, a aguia foi o animal representativo de Zeus, quen podía transformarse e viaxar desapercibido. Metamorfoseado en aguia (outras fontes afirman que ordenou o traballo a súa aguia), Zeus raptou a Ganímedes, que tiña sona de ser o mozo máis fermoso dos mortais, para convertelo no seu copeiro do palacio no Olimpo.
- Como símbolo das lexións romanas
- Como animal nacional dos Estados Unidos de América
Especies
editar Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |