ARN pequeno específico dos corpos de Cajal
Os ARN pequenos específicos dos corpos de Cajal (scaRNA polas súas síglas en inglés) son unha clase de ARN nucleolar pequeno que está localizado especificamente nos corpos de Cajal, uns suborgánulos do núcleo celular implicados na bioxénese de ribonucleoproteínas nucleares pequenas. Os scaRNA serven de guía para a modificación (metilación e pseudouridilación) dos ARN espliceosómicos U1, U2, U4, U5 e U12 transcritos pola ARN polimerase II.
ARN pequeno específico do corpo de Cajal 1 | |
---|---|
Identificadores | |
Símbolo | SCARNA1 |
Rfam | RF00553 |
Outros datos | |
Tipo de ARN | xene, snRNA, snoRNA, scaRNA; |
Dominio(s) | Vertebrata |
Estruturas PDB | PDBe |
O primeiro scaRNA que se identificou foi o U85.[1] Difire dos ARN nucleolares pequenos típicos en que está composto por unha mestura de snoRNA de caixa C/D e de caixa H/ACA e pode guiar tanto a pseudouridilación coma a 2'-O-metilación. Non todos os scaRNA están compostos por mesturas de ARN nucleolares pequenos de caixas C/D e H/ACA e, de feito, a maioría dos scaRNA son indistinguibles estrutural e funcionalmente dos ARN nucleolares pequenos, e dirixen a modificación do ARN ribosómico no nucléolo.
scaRNA de Drosophila
editarVarios estudos identificaron scaRNAs en Drosophila.[1][2][3][4][5] Un dos estudos mostrou que varios scaRNA de Drosophila podían funcionar igual de ben no nucleoplasma de moscas mutantes que carecían de corpos e Cajal.[4] Outras investigacións mostraron que o scaRNA pugU6-40 ten como diana o ARN nuclear pequeno U6, cuxas modificacións ocorren no nucléolo e non en corpos de Cajal e que pugU1-6 e pug U2-55 guían dous ARN: o ARN nuclear pequeno e o ARN ribosómico de 28S.[5]
ARN específico do corpo de Cajal 1
editarO ARN específico dos corpos de Cajal 1 (tamén coñecido como SCARNA1 ou ACA35) é un ARN nucleolar pequeno que se encontra nos corpos de Cajal e crese que está implicado na pseudouridilación do ARN espliceosómico U2 no residuo U89.
O scaRNA1 é un ARN non codificante, os cales son produtos funcionais de xenes que non se traducen a proteínas. Ditas moléculas de ARN xeralmente conteñen importantes motivos de estrutura secundaria ou motivos para a unión a ligandos e interveñen en moitos procesos biolóxicos importantes da célula.[6]
O scaRNA1 pertence aos ARN nucleolares pequenos da clase de caixa H/ACA, xa que ten a estrutura predita de forquita-bisagra-forquita-cola, motivos de caixa H/ACA conservados e está asociado coa proteína GAR1.[7]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Jády BE, Kiss T (2001). "A small nucleolar guide RNA functions both in 2′-O-ribose methylation and pseudouridylation of the U5 spliceosomal RNA". EMBO J. 20 (3): 541–51. PMC 133463. PMID 11157760. doi:10.1093/emboj/20.3.541.
- ↑ Tortoriello, Giuseppe; Accardo, Maria Carmela; Scialò, Filippo; Angrisani, Alberto; Turano, Mimmo; Furia, Maria (2009-05-01). "A novel Drosophila antisense scaRNA with a predicted guide function". Gene 436 (1-2): 56–65. ISSN 1879-0038. PMID 19230845. doi:10.1016/j.gene.2009.02.005.
- ↑ Tycowski, Kazimierz T.; Shu, Mei-Di; Kukoyi, Abiodun; Steitz, Joan A. (2009-04-10). "A conserved WD40 protein binds the Cajal body localization signal of scaRNP particles". Molecular Cell 34 (1): 47–57. ISSN 1097-4164. PMC 2700737. PMID 19285445. doi:10.1016/j.molcel.2009.02.020.
- ↑ 4,0 4,1 Deryusheva, Svetlana; Gall, Joseph G. (2009-12-01). "Small Cajal body-specific RNAs of Drosophila function in the absence of Cajal bodies". Molecular Biology of the Cell 20 (24): 5250–5259. ISSN 1939-4586. PMC 2793299. PMID 19846657. doi:10.1091/mbc.E09-09-0777.
- ↑ 5,0 5,1 Deryusheva, Svetlana; Gall, Joseph G. (2013-12-01). "Novel small Cajal-body-specific RNAs identified in Drosophila: probing guide RNA function". RNA 19 (12): 1802–1814. ISSN 1469-9001. PMC 3884663. PMID 24149844. doi:10.1261/rna.042028.113.
- ↑ Darzacq, X; Jady BE; Verheggen C; Kiss AM; Bertrand E; Kiss T (2002). "Cajal body-specific small nuclear RNAs: a novel class of 2′-O-methylation and pseudouridylation guide RNAs". EMBO J. 21 (11): 2746–2756. PMC 126017. PMID 12032087. doi:10.1093/emboj/21.11.2746.
- ↑ Kiss, Arnold M.; Jády, Beáta E.; Bertrand, Edouard; Kiss, Tamás (2004). "Human Box H/ACA Pseudouridylation Guide RNA Machinery". Molecular and Cellular Biology 24 (13): 5797–5807. PMC 480876. PMID 15199136. doi:10.1128/MCB.24.13.5797-5807.2004.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- snoRNAbase: human H/ACA and C/D box snoRNA database Arquivado 17 de xuño de 2018 en Wayback Machine.
- Páxina para o Small Cajal body-specific RNA en Rfam
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |