16 de febreiro
data
<< | Febreiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | |||
2024 Todos os días |
O 16 de febreiro é o 47º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 318 días para finalizar o ano, 319 nos anos bisestos.
Acontecementos
editar- 1279 - en Portugal, Dinís I é proclamado rei de Portugal trala morte de seu pai Afonso III.
- 1919 - 4 labregas foron abatidas a tiros por axentes da Garda Civil na parroquia de Sofán, cando participaban na comitiva para soterrar un neno no cemiterio vello clausurado polas autoridades.
- 1918 - Lituania declárase independente de Rusia e Alemaña.
- 1930 - Pacto de Lestrobe: alianza dos partidos galegos: ORGA, Partido Radical, Partido Radical Socialista e Partido Radical Federal, constitúen a Federación Republicana Gallega (FRG), co obxectivo de vertebrar a autonomía de Galiza e buscar situarse no xogo político español.
- 1936 - Vitoria electoral da Fronte Popular en España.
- 1937 - Asasinados en Loenzo os republicanos de Vilagarcía de Arousa Rodrigo Beruete Alejandre, Antonio Basilio Sayanes González, Manuel Limeres Ordóñez e Pilar Fernández Seijo
- 1944 - Constitúese o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.
- 1948 - Gerard P. Kuiper descobre a lúa do planeta Urano, Miranda.
- 1959 - Fidel Castro tórnase primeiro ministro de Cuba.
- 1985 - Fundación oficial do Hezbolá, no Líbano.
Nacementos
editar- 1514 - Georg Joachim Rheticus, matemático e astrónomo austríaco (m. 1574).
- 1848 - Hugo de Vries, botánico holandés.
- 1848 - Octave Mirbeau, escritor francés (m. 1917).
- 1882 - Antonio Fernández Gómez, pintor galego (m. 1970).
- 1882 - Manuel García Filgueira, sindicalista e político galego.
- 1905 - Onésimo Redondo, político español (m. 1936).
- 1926 - John Schlesinger, director de cine británico (m. 2003).
- 1933 - Eduardo Olano Gurriarán, empresario e político galego.
- 1935 - Nemesio Barxa, xurista e político galego.
- 1942 - Kim Jong-il, líder comunista da Corea do Norte.
- 1944 - António Mascarenhas Monteiro, presidente de Cabo Verde.
- 1958 - Lois Pereiro, poeta galego, adicóuselle o Día das Letras Galegas 2011.
- 1958 - Oscar Schmidt, xogador de baloncesto brasileiro.
- 1964 - Bebeto, futbolista brasileiro.
Mortes
editar- 1279 - Afonso III rei de Portugal (n. 1210).
- 1917 - Octave Mirbeau, escritor francés (n. 1848).
- 1932 - Ferdinand Buisson, pacifista francés, Premio Nobel (n.1841).
- 1956 - Desiderio Comesaña Prado, anarcosindicalista galego (n. 1900).
- 1990 - Keith Haring, pintor norteamericano (n. 1958).
- 1992 - Janio Quadros, presidente brasileiro (n.1917).
- 2000 - Suso Vaamonde, músico galego.
- 2021 - Joan Margarit i Consarnau, poeta e arquitecto catalán (n. 1938).