Úbeda, Xaén
Úbeda é unha cidade da provincia de Xaén (Andalucía), capital da fértil comarca de La Loma. Segundo o INE en 2017 tiña 34.733 habitantes, dos cales 17.046 eran homes e 17.687 mulleres. A cidade, xunto coa próxima Baeza, foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade pola Unesco o 3 de xullo de 2003 debido á calidade e boa conservación dos seus numerosos edificios renacentistas e da súa singular contorna urbanística.
Himno | Anthem of Úbeda (en) (14 de maio de 1982) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Xaén | ||||
Capital de | La Loma (2003–) | ||||
Capital | Úbeda | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 33.674 (2024) (84,8 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 397,1 km² | ||||
Altitude | 748 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Arcanxo Miguel e Q16646663 | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Antonia Olivares Martínez (2015–) | ||||
Órgano lexislativo | Ubeda City Council (en) , (Escano: 21) | ||||
Membro de | |||||
Orzamento | 35.943.862,28 € (2008) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 23400, 23509, 23413 e 23314 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 953 75 e 953 79 | ||||
Código INE | 23092 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | ubeda.es | ||||
A cidade, situada sobre un cerro e envorcada cara ao val do río Guadalquivir fronte á impoñente Serra Mágina e cerca do centro xeográfico da provincia, constitúe un importante centro de atracción ao contar con hospital comarcal, centros educativos e escolas universitarias (UNED e SAFA), delegacións de facenda e da seguridade social, xulgados, Centro do Profesorado (CEP) etc, derivando nun dos índices de centralidade máis altos de toda Andalucía. Segundo o anuario de La Caixa, trátase da capital dunha das provincias económicas de España, cunha poboación de máis de 200.000 habitantes que acode habitualmente a comprar nela.
Úbeda vive principalmente do sector servizos, o comercio e a administración, que ocupan o 49% da poboación activa. Pero ademais o peso da agricultura é enorme, sendo un centro neurálxico do oliveiral e a produción aceiteira e un dos maiores produtores e envasadores da provincia de Xaén de aceite de oliva, pedra angular de toda a súa economía. Outras actividades complementarias son a industria, a gandería e un incipiente turismo.
O xentilicio formal da localidade é ubetense, aínda que os seus habitantes, principalmente nas vilas de ao redor como Torreperogil, Sabiote, Baeza, Villacarrillo, Rus ou Canena, tamén son coñecidos como ubedeños.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Úbeda, Xaén |
Ligazóns externas
editar- Úbeda en OpenStreetMap.
- Web oficial del Ayuntamiento de Úbeda
- Patrimonio cultural de Úbeda en la Guía Digital del Patrimonio Cultural de Andalucía. Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico
- Conjunto Monumentales Renacentistas de Úbeda y Baeza
- Artigo sobre María de Molina de Manuel Almagro Chinchilla. Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine.