Álvaro de Figueroa Torres-Mendieta

Álvaro de Figueroa Torres Mendieta, Conde de Romanones, nado en Madrid o 9 de agosto de 1863 e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 1950, foi un político español. Foi 17 veces ministro e 3 veces presidente do goberno con Afonso XIII.

Modelo:BiografíaÁlvaro de Figueroa Torres-Mendieta

(1919) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Álvaro Figueroa Torres Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Álvaro Figueroa y Torres Editar o valor en Wikidata
9 de maio de 1863 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de setembro de 1950 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCementerio Municipal de Guadalajara (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Procurador en Cortes
16 de marzo de 1943 – 24 de abril de 1946
Procurador en Cortes
16 de marzo de 1943 – 24 de abril de 1946
Deputado nas Cortes republicanas
24 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Guadalajara (en) Traducir
Deputado nas Cortes republicanas
24 de novembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Guadalajara (en) Traducir
Deputado nas Cortes republicanas
3 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Guadalajara (en) Traducir
Ministro de Estado de España
18 de febreiro de 1931 – 14 de abril de 1931
← Jacobo Fitz-James Stuart y Falcó (pt) TraducirAlejandro Lerroux →
Senador do Reino
1923 – 1923
Circunscrición electoral: Toledo (en) Traducir
Presidente do Senado de España
1923 – 1923
← Joaquín Sánchez de Toca
Presidente do Consello de Ministros
5 de decembro de 1918 – 15 de abril de 1919
← Manuel García PrietoAntonio Maura →
Ministro de Estado de España
9 de novembro de 1918 – 15 de abril de 1919
← Eduardo Dato IradierJuan Pérez-Caballero y Ferrer →
Ministro de Graza e Xustiza
22 de marzo de 1918 – 10 de outubro de 1918
← Joaquín Fernández Prida (pt) TraducirJosé Roig y Bergadá (pt) Traducir →
Ministro de Estado de España
25 de febreiro de 1916 – 30 de abril de 1916
← Miguel VillanuevaAmalio Gimeno y Cabañas (pt) Traducir →
Presidente do Consello de Ministros
9 de decembro de 1915 – 19 de abril de 1917
← Eduardo Dato IradierManuel García Prieto →
Ministro de Graza e Xustiza
24 de maio de 1913 – 13 de xuño de 1913
← Antonio Barroso Castillo (pt) TraducirPedro Rodríguez de la Borbolla (en) Traducir →
Presidente do Consello de Ministros
14 de novembro de 1912 – 27 de outubro de 1913
← Manuel García PrietoEduardo Dato Iradier →
Presidente do Congreso dos Deputados
15 de xuño de 1910 – 18 de novembro de 1912
← Eduardo Dato IradierSegismundo Moret →
Ministro de Instrución Pública e Belas Artes
9 de febreiro de 1910 – 9 de xuño de 1910
← Antonio Barroso Castillo (pt) TraducirJulio Burell y Cuéllar (pt) Traducir →
Ministro de Gobernación
4 de decembro de 1906 – 25 de xaneiro de 1907
← Benigno Quiroga BallesterosJuan de la Cierva Peñafiel →
Ministro de Graza e Xustiza
6 de xullo de 1906 – 30 de novembro de 1906
← José María Celleruelo y Poviones (en) TraducirAntonio Barroso Castillo (pt) Traducir →
Ministro de Gobernación
1 de decembro de 1905 – 10 de xuño de 1906
← Manuel García PrietoBenigno Quiroga Ballesteros →
Ministro de Fomento de España
31 de outubro de 1905 – 12 de xaneiro de 1905 – Rafael Gasset Chinchilla →
Ministro de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas
23 de xuño de 1905 – 31 de outubro de 1905
← Francisco Javier González de Castejón y Elío
Ministro de Instrución Pública e Belas Artes
6 de marzo de 1901 – 6 de decembro de 1902
← Antonio García AlixManuel Allendesalazar Muñoz →
Alcalde de Madrid
15 de marzo de 1894 – marzo de 1895
← Santiago de Angulo Ortiz de Traspeña (en) TraducirNicolás de Peñalver y Zamora (en) Traducir →
Deputado das Cortes
14 de maio de 1888 – 4 de xuño de 1923 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Universidade de Boloña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndiplomático, propietario, labrego, xornalista, escritor, político, avogado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Liberal Fusionista
político independente Editar o valor en Wikidata
Membro de
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCasilda Alonso-Martínez y Martín (1886–1950) Editar o valor en Wikidata
FillosCasilda Figueroa y Alonso-Martínez, Luis de Figueroa, Álvaro de Figueroa, Carlos Figueroa y Alonso-Martínez, José de Figueroa y Alonso-Martínez, Eduardo Figueroa y Alonso Martínez, Agustín de Figueroa Editar o valor en Wikidata
PaiJoaquín Ignacio Figueroa Mendieta Editar o valor en Wikidata
IrmánsRodrigo Figueroa Torres
Gonzalo Figueroa y Torres
José Figueroa y Torres Editar o valor en Wikidata
ParentesManuel Alonso Martínez, sogro
Vicente Alonso Martínez, irmán da esposa
José Finat y Escrivá de Romaní, spouse of grand-child
Rafael de Bustos y Ruiz de Arana, xenro
Pedro Díez de Rivera y Muro, cunhado Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1181906

Traxectoria

editar

Segundo fillo de Joaquín Ignacio Figueroa Mendieta e de Ana de Torres Romo, marqueses de Villamejor, naceu en Madrid no medio dunha nobre e rica familia con raíces e importantes posesións en Guadalaxara e negocios mas minas de La Unión (Murcia).

Licenciouse en Dereito en 1884 na Universidade Central de Madrid e trasladouse para doutorarse á Universidade de Boloña en Italia coa idea de especializarse en dereito político.

Non exerceu a avogacía, dedicándose á política e ós negocios. Da man do seu sogro o político e xurisconsulto Manuel Alonso Martínez comezou a súa andaina política nas primeiras Cortes da Rexencia de María Cristina. Dende 1888 a 1936 mantívose como deputado sen interrupción no seu feudo caciquil de Guadalaxara. Foi elixido concelleiro do Concello de Madrid en 1890 e en 1894 alcalde da cidade. A súa carreira política dende os seus inicios estivo sempre vencellada ó Partido Liberal fundado por Sagasta do que chegou a ser un dos seus principais líderes. En 1903 fundou o seu órgano político de carácter personalista: o Diario Universal.

Foi ministro de Instrución Pública e Belas Artes con Sagasta (1901-1902), mandato no que incorporou o soldo dos mestres ós orzamentos estatais.

No mandato liberal de 1905 a 1906 formou parte do goberno de Montero Ríos desempeñando a carteira de Fomento (Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas) e logo do Consello de Ministros que lle adxudicou o de Graza e Xustiza.

Apoiou a ascensión de José Canalejas á xefatura do Partido Liberal, e como recompensa foi nomeado Ministro de Instrución Pública (1909) e, máis tarde, en 1912, promovido á presidencia do Congreso.

Asasinado Canalejas e convertido en xefe dunha das principais faccións do Partido Liberal conseguiu ser o encargado de formar goberno tras a interinidade de Manuel García Prieto dende novembro de 1912 ata outubro de 1913. Negociou con Francia o tratado de soberanía sobre Marrocos movido tanto por simpatías ideolóxicas como por intereses económicos no Rif.

A súa actitude francófila chocou coa declaración de neutralidade do goberno de Eduardo Dato e os posicionamentos maioritariamente xermanófilos dos conservadores. En decembro de 1915 volveu a presidir o goberno, amosándose máis favorable ós aliados na contenda mundial e denunciando a Alemaña a raíz do torpedeamento de buques españois por submarinos alemáns. Atacado pola prensa conservadora acabou por presentar a súa dimisión.

Volveu a formar parte do goberno de concentración nacional de Antonio Maura como ministro de Instrución e Xustiza e como ministro de Estado no goberno de García Prieto que sucedeu a aquel.

O Rei volveu encargalo do goberno en decembro de 1918 pero durou pouco ante a vaga de conflitos obreiros e a axitación autonomista de Cataluña. Foi relevado en abril de 1919 despois de asinar o 3 de abril de 1919 o chamado "Decreto da xornada de oito horas".

Senador por Guadalaxara e ministro de Graza e Xustiza (1922-1923) no goberno de García Prieto, pasou a ocupar a presidencia do Senado en 1923, cargo que ocupaba cando Primo de Rivera deu o golpe de Estado o 13 de setembro de 1923.

Durante a ditadura mantívose a marxe aínda que conspirou na "sanjuanada" de 1926, polo que Primo de Rivera lle impuxo de multa 500.000 pesetas.

Formado o goberno de Juan Bautista Aznar-Cabañas, tras a caída da "dictablanda" de Dámaso Berenguer, ocupou a carteira de Estado, pero as eleccións de abril de 1931 deixaron á vista a inviabilidade política da opción monárquica. Ante os resultados esmagadoramente favorables á República, Romanones aconsellou ó rei Afonso XIII abandonar España.

Romanones entrevistouse persoalmente con Niceto Alcalá Zamora pactando o traspaso pacífico de poderes ó Goberno Provisorio da República sen intervención militar a cambio de garantir a vida do rei e da súa familia. Conseguiu manter o seu escano por Guadalaxara nas Cortes republicanas, pero o seu peso político foi pouco significativo. Foi deputado monárquico nas Cortes constituíntes da República defendendo a figura do rei Afonso XIII no exilio, e a súa propia xestión.

Non participou no alzamento nacional de 1936. Fora elixido deputado nas eleccións democráticas dese ano e a guerra civil sorprendeuno en Donostia desde onde pasou a Francia coa axuda do embaixador francés. Regresou á zona nacional en 1937 pero nunca máis volvería á arena política. Foi vetado polos falanxistas, e no que lle restou de vida adicouse a completar as súas memorias e a dirixir a presidencia da Academia de Belas Artes de San Fernando.

Estivo casado desde 1888 con Casilda, filla do político Manuel Alonso Martínez. Tivo tres fillos e unha única filla Casilda de Figueroa, que foi Duquesa consorte de Pastrana ó contraer matrimonio con Rafael de Bustos. O seu fillo José morreu en combate en 1920 na guerra de África.

Obra e ideoloxía

editar

Romanones foi un avezado escritor. Escribiu as súas memorias durante a República. Obras súas foron Las Responsabilidades políticas del Antiguo Régimen, Breviario de Política Experimental, Biología de los Partidos Políticos, El régimen parlamentario y los gobiernos de gabinete, Observaciones y Recuerdos (1912-1921), Notas de mi vida (1929-1947), Los cuatro presidentes de la I República, e varias biografías, entre elas a de Espartero, a de Amadeu de Savoia e a de María Cristina de Habsburgo-Lorena.

Foi ademais de fundador do Diario Universal, propietario de El Globo e colaborador de El Magisterio Español e de El Heraldo de Madrid.

Aínda que católico, Romanones considerábase inimigo da intransixencia relixiosa e da influencia do clero e foi moi contestado pola Igrexa e as súas altas autoridades (o Bispo de Tui, por exemplo), sobre todo trala promulgación da Lei de Matrimonio Civil cando formaba parte do Gabinete de Montero Ríos de 1905. Retomou as relacións co Vaticano pero continuou manténdose partidario da separación das potestades civil e relixiosa e de que a influencia do clero non puidese interferir no desenvolvemento do poder civil (a través da chamada “lei do cadeado" de 1910).

O conde de Romanones é o prototipo do “político de palacio” da Restauración, titular e defensor de poderosos intereses económicos e posibilista e realista sen demasiados escrúpulos nas súas manobras políticas. Servíndose da súa gran fortuna, das súas influencias persoais e apoiándose no trato íntimo co rei e a familia real, o seu cacicato estendeuse ininterrompidamente dende 1888 a 1936 na provincia de Guadalaxara. Romanones fixo partícipe dos beneficios deste control político ós seus familiares máis directos: ós seus irmáns Rodrigo, José e Gonzalo (fundador do Banco Español de Crédito) e ós seus fillos Carlos e Alvaro de Figueroa Alonso-Martínez.

Distincións

editar

Doutor en dereito pola Universidade de Boloña, foi membro da Real Academia da Historia e da Real Academia das Ciencias Morais e Políticas, presidente do Ateneo madrileño e director da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.

Obtivo o título de Conde de Romanones en 1893 e foi grande de España dende 1911.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Montero Luzón, Javier (1988) Romanones, caciquismo y política liberal. Madrid: Alianza Editorial.
  • Montero Luzón, Javier (2000) "Romanones, cara y cruz de la Restauración". La Aventura de la Historia, nº 25, pp. 28–35.
  • Padilla, Antonio (1970) "El Conde de Romanones". Historia y Vida, nº 23, pp. 8–9.
  • Rivera de la Cruz, Marta (2004) "El Conde de Romanones", Grandes de España, pp. 251–265. Madrid: Aguilar.

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Manuel García Prieto
 
Presidente do Consello de Ministros de España

1912 - 1913
Sucesor:
Eduardo Dato e Iradier
Predecesor:
Eduardo Dato e Iradier
 
Presidente do Consello de Ministros de España

1915 - 1917
Sucesor:
Manuel García Prieto
Predecesor:
Manuel García Prieto
 
Presidente do Consello de Ministros de España

1918 - 1919
Sucesor:
Antonio Maura y Montaner