Grial (revista)

revista cultural galega
Revisión feita o 22 de novembro de 2007 ás 10:48 por XoseBot (conversa | contribucións) (Category->Categoría)

A revista Grial é unha publicación trimestral editada pola editorial Galaxia desde 1950 até a actualidade, aínda que no período 1952-1962 foi completamente censurada na época de ministro de Manuel Fraga Iribarne. En 1963 recuperou de novo a súa publicación pola editorial Galaxia de Vigo e é un dos mellores referentes das revistas culturais galegas.

Na revista Grial aparecen traballos que obedecen a un dobre propósito: informar sobre a realidade da Galiza, e informar e reflexionar sobre os más diversos aspectos da cultura universal. Actualmente os directores son Víctor Fernández Freixanes e Henrique Monteagudo.