Xénero
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
Xénero é unha palabra que significa "tipo, clase, categoría" e que ten distintos significados en galego.
- En bioloxía, o xénero é unha clase por riba da especie, é dicir, un conxunto de especies con certos caracteres comúns que se inclúe con outros xéneros nunha familia, orde e clase.
- En lingüística e gramática, o xénero refire o concepto de xénero gramatical masculino ou feminino. Trátase dun trazo gramatical que permite repartir certas clases lexicais nun número pechado de categorías que responden vagamente a criterios ligados ó sexo, no caso das palabras que refiren seres animados.
- En ciencias sociais e en medicina, o concepto de xénero foi creado para facer referencias ás diferenzas non biolóxicas (psicolóxicas, sociais, económicas, demográficas, políticas…) que distinguen os homes e as mulleres.
- En matemáticas, o xénero adquire algunhas significacións diferentes, aínda que relacionadas.
- Nas artes enténdese por xénero cada unha das categorías en que se poden ordenar as obras atendendo a trazos comúns de forma, contido ou función. A palabra xénero permite definir a pertenza a un estilo ou a un movemento. É por exemplo o caso de:
- Na filosofía o concepto de xénero tivo unha importancia notable entre os filósofos da lingua. Tamén se emprega este termo para definir estudos relativos á relación entre o home e a muller dende o punto de vista da filosofía: estudos de xénero.
Etimoloxía
A voz xénero vén do latín Genus, generis ('orixe, nacemento') e posteriormente 'tipo, clase, categoría, variedade'. Etimoloxicamente, o latín presenta unha raíz indoeuropea, gen-, que aparece no grego gen- 'orixinar, producir' e en varias raíces xermánicas. No inglés kind 'clase' e king 'rei', entre outras, están emparentadas coa raíz latina gen- que deixou unha notable descendencia. O francés moderno genre, o castelán e portugués género (gênero en brasileiro), o catalán gènere e o italiano genero co significado de 'tipo, clase, categoría' e un desenvolvemento semántico similar proceden, coma o galego, do latín. Os descendentes cultos da mesma familia xene, xénese e osíxeno (tamén grafado osíxeno) incorporados a partir do grego e do latín conservan o sentido etimolóxico. No inglés o sentido biolóxico foi asumido polo latinismo genus, o sentido artístico polo galicismo genre.
O filósofo grego Protágoras foi, segundo Aristóteles, o o primeiro en usar os termos masculino, feminino e neutro para clasificar os nomes introducindo o concepto de xénero gramatical na cultura lingüística occidental.