Salvador Dalí: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imaxe incluída no modelo manualmente para que apareza nos extractos dos portais.
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 71:
En [[1931]] Dalí pintou unha das súas obras máis célebres, ''[[A persistencia da memoria]] (Os reloxos brandos)'', na que segundo algunhas teorías ilustrou o seu rexeitamento do tempo como unha entidade ríxida ou [[Determinismo|determinista]].<ref>[http://www.salvadordalimuseum.org/education/documents/clocking_in.pdf Clocking in with Salvador Dalí: Salvador Dalí's Melting Watches] (PDF) from the Salvador Dalí Museum. Revisado o 19 de agosto de 2006; en inglés.</ref> Esta idea vese apoiada por outras imaxes da obra, coma a extensa [[paisaxe]], ou algúns [[reloxo]]s de peto devorados por [[insecto]]s.<ref name=Conquete>Salvador Dalí, ''La Conquête de l’irrationnel'' (París: Éditions surréalistes, 1935), p. 25.</ref> Os insectos, por outra parte, formarían parte do imaxinario daliniano como unha entidade destrutora natural que, tal como explicou nas súas memorias, viña determinada por unha lembranza da infancia.
 
Dalí chegou ós [[Estados Unidos de América]] grazas ó marchante [[Julien Levy]] en [[1934]]. A exposición dalgunhas obras de Dalí —incluída a célebre ''A persistencia da memoria''— levantou unha enorme expectación en [[Nova York]]. Organizouse un baile na súa honra, o ''Dalí Ball'', no que compareceu levando unha caixa de [[cristal]] pendurada sobre o peito cun [[sosténapertador]] dentro.<ref>Current Biography 1940, pp. 219-220.</ref> Ese mesmo ano, Dalí e Gala ofreceron un [[baile de máscaras]] en Nova York, cortesía da herdeira Caresse Crosby. Foron disfrazados do bebé [[Charles Lindbergh|Lindbergh]] e o seu secuestrador. O escándalo levantado na prensa foi tan notable que Dalí pediu desculpas publicamente. Cando regresou a París, debeu explicarse ante os surrealistas que non entenderon por que se desculpara por un acto considerado surrealista.<ref>Luis Buñuel, ''My Last Sigh: The Autobiography of Luis Buñuel'', Vintage 1984. ISBN 0-8166-4387-3</ref>
 
Aínda que a maior parte do surrealismo se adscribira a ideas políticas de esquerda, Dalí mantiña unha posición que se xulgaba ambigua na cuestión das relacións entre arte e activismo político. Os líderes do movemento, principalmente [[André Breton]], acusárono de defender o "novo" e "irracional" do fenómeno [[Adolf Hitler|hitleriano]], acusación que Dalí refutou afirmando que «non son un hitleriano nin de feito nin de intención».<ref>Robin Adèle Greeley, ''Surrealism and the Spanish Civil War'', Yale University Press, 2006, p. 81. ISBN 0-300-11295-5.</ref> Dalí insistía en que o surrealismo podía existir nun contexto apolítico, e negouse a denunciar publicamente o réxime [[Fascismo|fascista]] [[Alemaña|alemán]]. Este e outros factores fixéronlle perder o seu prestixio entre os seus camaradas artistas, e a finais de 1934 Dalí foi sometido a un "xuízo surrealista" do cal resultou a súa expulsión do movemento.<ref name=unbound /> A isto, Dalí respondeu coa súa célebre réplica, «Eu son o surrealismo».<ref name=olga />