ADN polimerase: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 99:
=== Familia X ===
 
Contén as ben coñecidas polimerases eucarióticas pol β, e outras polimerases eucarióticas como a pol σ, pol λ, pol μ, e a deoxinucleotidil transferase terminal (TdT). A Pol β requírese para a [[reparación de excisión de bases]] de remendo curto (''short-patch'', no que só se substitúe un nucleótido), unha vía de reparación do ADN que é esencial para a reparación de bases [[alquilación|alquiladas]] e oxidadas e de [[sitio abásico|sitios abásicos]] (onde falta unha base). A Pol λ e Pol μ están implicadas na [[unión de extremos non homólogos]], un mecanismo para volver a unir as roturas no ADN de dobre cadea. A TdT exprésase só nos tecidos linfoides, e engade "n nucleótidos" ás roturas nunha dobre cadea formadas durante a [[recombinación V(D)J|recombinación]] dos xenes inmunitarios V(D)J para promover a diversidade inmunolóxica. O [[lévedo]] ''[[Saccharomyces cerevisiae]]'' ten só unha polimerase Pol X, a [[Pol IV]], que está implicada na unión de extremos non homólogos.
 
=== Familia Y ===