Lonxitude: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
trad. parcial de es.wiki
 
modifico e cambio imaxe
 
(Non se amosan 13 revisións feitas por 5 usuarios.)
Liña 1:
{{Outros homónimos|Lonxitude (homónimos)}}
{{1000 artigos icona título|materia=Matemáticas}}
[[Ficheiro:Paralelepipedo mostrando los nombres de sus medidas-gl.png|miniatura|Un [[Ortoedro|paralelepípedo rectangular]] amosando os nomes das súas dimensións, [[Longura|longo]], [[Largura|largo]], e [[Altura (magnitude)|alto ou altura]].]]
{{1000 artigos icona título|materia=Física e Química}}
[[Ficheiro:Coord planes color.svg|miniatura|Esquema elemental de posicionamento espacial, consistente nun marco de referencia respecto a unha orixe dada.]]
A '''lonxitude''' é un [[xeometría|concepto métrico]] definible para entidades xeométricas sobre a que se definiu unha distancia. Máis concretamente, dado un [[segmento]], curva ou liña fina, pódese definir a súa lonxitude a partir da noción de distancia. Con todo, non debe confundirse lonxitude con distancia, xa que para unha curva xeral (non para un segmento recto) a distancia entre dous puntos calquera da mesma é sempre inferior á lonxitude da curva comprendida entre eses dous puntos. Igualmente a noción matemática de lonxitude pode identificarse coa [[magnitude física]] determinada pola distancia física.
 
A lonxitude é unha das [[Magnitude fundamental|magnitudes físicas fundamentais]], en tanto que non pode ser definida en termos doutras magnitudes que se poden medir. En moitos sistemas de medida, a lonxitude é unha magnitude fundamental, da cal derivan outras.<ref name=Resnick1-3>Resnick, 1993, pp.&nbsp;1-3.</ref>
 
A lonxitude é unha medida dunha dimensión (lineal; por exemplo a [[distancia]] en [[Metro|m]]), mentres que a [[área]] é unha medida de dúas dimensións (ó cadrado; por exemplo [[metro cadrado|m²]]), e o [[Volume (magnitude)|volume]] é unha medida de tres dimensións (cúbica; por exemplo [[metro cúbico|m³]]).
 
Con todo, segundo a [[teoría da relatividade especial|teoría especial da relatividade]] ([[Albert Einstein]], 1905), a lonxitude non é unha propiedade intrínseca de ningún obxecto dado que dous observadores poderían medir o mesmo obxecto e obter resultados diferentes ([[contracción de Lorentz]]).<ref name=Resnick524>Resnick, 1993, p.&nbsp;524.</ref>
 
O '''longo''' ou '''lonxitude dimensional''' dun obxecto é a medida do seu eixo tridimensional ''y''. Esta é a maneira tradicional en que se nomeaba á parte máis longa dun obxecto (en canto á súa base horizontal e non á súa altura vertical). En [[coordenadas cartesianas]] bidimensionais, onde só existen os eixos ''xy'' non se denomina «longo». Os valores ''x'' indican o ancho (eixo horizontal), e os ''y'' o alto (eixo vertical).<ref name=Prieto>{{cita libro|apelidos=García Prieto|nome=F. J.|título=Matemáticas(2012), 2º Ep.S.O.|ano=2012|editorial=Editex|isbn=9788490033340|páxinas=&nbsp;198}}</ref>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
==Véxase tamén==
=== Bibliografía ===
*{{Cita libro|título=Matemáticas 2º E.S.O|apelidos=García Prieto|nome=F. J.|editorial=Editex|ano=2012|ISBN=9788490033340|ref=harv|lingua=es|lugar=Madrid}}
*{{cita libro|apelidos=Resnick|nome=R.|título=Física vol. 1|ano=1993|editorial=Compañía Editorial Continental; publicado orixinalmente por John Wiley & Sons Inc|isbn=968-26-1230-6|apelidos2=Haliday|nome2=D.|apelidos3=Krane|nome3=K. S|outros=Título orixinal (en inglés): ''Physics, Vol. 1''; traducido por F. Andión Uz}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Matemáticas]]